Vacinación masiva no Hospital da Mariña esta fin de semana

Na provincia xa están completamente innunizada o 20% da poboación, e cunha dose o 36,6%.

Vacina a un dos maiores da residencia de Trabada. AXM

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que case o 20% da poboación da provincia recibiu xa as dúas doses pautadas da vacina contra o coronavirus.

Segundo os datos que manexa o Sergas, a día de hoxe recibiron unha dose da vacina 119.982 lucenses, o que supón un 36,6% da poboación da provincia, que neste caso coincide coa área sanitaria.

En canto ás persoas que recibiron a pauta completa, son 65.080 en Lugo, unha cifra que equivale ao 19,8% da poboación. Ares confirmou que o Sergas ten programada para este fin de semana unha vacinación “masiva” na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, dado que máis de 14.000 foron citadas para ser inmunizadas no tres hospitais públicos da provincia.

Desas persoas, 11.740 persoas recibirán a primeira dose, mentres que 2.693 verán completada a súa pauta de inmunización coa segunda.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here