Unha gran doazón en Ribadeo para poder coidar dos máis vulnerables

A doazón do doutor Francisco Moreda servirá para que oHospital Asilo San Sebastián e San Lázaro teña nova sede.

Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo / googlemaps

O Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo terá nova ubicación. Será grazas a unha herdanza do doutor Francisco Moreda Pérez que decidiu doar ao concello pero coa condición de que esta doazón fora para un dos centros xeriátricos cos que conta a localidade ribadense.

Así o anunciou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, quen avanzou este xoves que a comisión informativa da área social que terá lugar o vindeiro luns, 10 de maio, servirá para dar conta aos grupos políticos da corporación deste feito.

O rexedor subliñou que o equipo de goberno está empeñado en darlle “un cambio positivo” ao centro e a iso vaise a destinar toda esta herdanza. Suárez Barcia tamén avanzou que, se non chega co montante achegado, “pedirémoslle, como sempre, apoio a outras institucións”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here