IniciosociedadeEstas son as novas normas do desconfinamento que non poderá aplicar a...

Estas son as novas normas do desconfinamento que non poderá aplicar a hostalería de Xove e Viveiro

A Xunta recomenda que as reunións en exteriores non superen as 15 persoas, que é o máximo que se establece para o consumo en terrazas de hostalaría.

Publicada o

- Advertisement -

A versión bis publicada este xoves no DOG, que será corrixida este venres xa que non axustou como se anunciou o horario dos bares para que abrisen esta mesma xornada ata a unha da madrugada, inclúe un apartado no que recomenda que as reunións en exteriores non superen as 15 persoas, que é o máximo que se establece para o consumo en terrazas de hostalaría. Tamén recolle as novas medidas para bares e restaurantes, que non poderán aplicar os hostaleiros de Viveiro e Xove ao estar estes concellos den Nivel Medio de restricións.

Ademais, “recoméndase que en lugares pechados os grupos de persoas non superen as seis persoas”, como tamén se establece para os establecementos de hostalaría. Tamén recolle a “recomendación” de que as persoas non convivientes eviten encontros entre a 1 e as 6 da madrugada, como estaba ata agora restrinxido oficialmente.

Estas recomendacións tamén se trasladan a ámbitos como as praias, nas que a Consellería de Sanidade insta a que os grupos non superen estas 15 persoas, salvo que sexan convivintes.”Recoméndase que, entre a 1 e as 6 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazo de uso privado, limítese aos constituídos exclusivamente por convivientes”, apela a Xunta no diario oficial.

BARES E CAFETARÍAS

Os bares e cafetarías poderán abrir ata a 1 da madrugada este mesmo venres se contan cun aparello medidor de C02. Fontes da Consellería de Sanidade ratificaron a Europa Press que si poderán manterse abertos estes establecementos desde as 23 horas. Para este fin, hai que corrixir o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado na noite deste xoves e que só recolle a vixencia das novas medidas a partir do sábado.

Os aforamentos en hostalaría mantense, polo momento invariables, indo desde o 50 por cento só en terrazas nos de nivel de incidencia alta, ata o 75 por cento en terrazas e 50 por cento en interiores na maioría de concellos de Galicia, aqueles de nivel de incidencia media baixa.

De feito, só hai cinco municipios que estarán, desde este sábado, en nivel de incidencia media (o resto dos galegos estarán en nivel medio baixo): Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove. Nestes municipios, a hostalaría pode funcionar cun aforamento do 50 por cento en exterior e 30 por cento en interiores.

PRÁCTICA DEPORTIVA

Tamén para a práctica deportiva ao aire libre recoméndase un máximo de 15 persoas. En interiores, obrígase a que como máximo sexan seis, se use a máscara e se garanta a distancia de seguridade.

O DOG recolle que se permite o uso de piscinas cun máximo do 30 por cento de ocupación no caso de uso deportivo nos concellos con restricións medias ou medias altas e do 50 por cento naqueles con restricións medio baixas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...