Todos os concellos da Mariña seguen en nivel medio baixo de restricións

O Comité Clínico da Xunta incorpora a Castroverde nos concellos de restricións medias.

Familias nas terrazas de Foz. JUAN MAYA

Os municipios de Camariñas e Malpica de Bergantiños seguirán unha semana máis con restricións medias, nivel ao cal pasan tamén desde o vindeiro sábado Castroverde, Cambre e Poio, segundo acordou este martes o comité clínico que asesora ao Goberno galego para facer fronte ao coronavirus.

Desde a medianoite do próximo sábado, os restantes 308 concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo de restricións, ao cal pasa Soutomaior, que as dúas semanas anteriores contou medidas da categoría media.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá este mércores para expor as medidas acordadas polo comité clínico, como as condicións para a retirada da máscara ao aire libre, que o Goberno central fixou para o vindeiro sábado 26 de xuño. O comité clínico volverá reunirse o martes da próxima semana para analizar a situación epidemiolóxica dos municipios galegos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here