Burela, Foz e Viveiro en nivel máximo de alerta pola virulencia da Covid

A Xunta decreta o nivel máximo de alerta nestes concellos da Mariña, o que implica a volta das restricións.

Cadeiras dunha terraza en Viveiro. AXM

Os municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso soben a nivel máximo pola incidencia da Covid-19, mentres que as cidades da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo súmanse ás de Pontevedra, Vigo e Ourense no alto.

Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar as decisións da reunión do comité clínico deste pasado martes, na que incidiu en que 112 municipios estarán desde este sábado en nivel máximo e 48 no alto, entre eles o sete grandes cidades galegas.

Ademais, o conselleiro, que admitiu que a situación “é mala”, puntualizou que desde a medianoite deste venres ao sábado haberá 52 municipios en nivel medio e 202 en nivel medio-baixo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here