O grupo ribadense Remakers presentará un videoclip, aperitivo do seu novo disco

'Amiga ansiedad', rodado pola produtora local 60 ráfagas, será o adianto do seu segundo traballo

Remakers, en concerto. PÁXINA DE FACEBOOK DE REMAKERS

O grupo ribadense de rock Remakers quitará o seu segundo disco en decembro, trala publicación de ‘Semillas‘. 

Como aperitivo deste segundo traballo, a banda mariñá presentará o vindeiro martes, día 27, un videoclip no Cine Ribadeo.

O acto, con entrada de balde, comezará ás 19.00 horas. Os compoñentes do grupo falarán deste traballo audiovisual e do disco.

Ademais, os asistentes poderán ver o videoclip en primicia. Trátase dun adianto do álbum, o single ‘Amiga ansiedad‘.

Os ribadenses Gloria Tejero e Daniel Díaz, da produtora 60 Ráfagas, asumiron a dirección da peza.

LOCALIZACIÓNS

Este traballo audiovisual foi rodado en diversas localizacións da Mariña lucense e de Lugo.

A produción musical correu a cargo de Víctor Álvarez e dos propios Remakers.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here