IniciosociedadeAlfoz e A Pontenova celebran os cen anos de senllas veciñas

Alfoz e A Pontenova celebran os cen anos de senllas veciñas

As dúas mulleres únense ao grupo de centenarios da comarca da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A pontenovesa Herminia Iravedra Iravedra cumpre este luns cen anos. O domingo xa tivo a oportunidade de celebralo acompañada da súa familia e xunto aos seus netos Tamara e Iván, na súa casa da parroquia de Acebro.

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Couto aproveitaron esta pequena celebración para felicitala e agasallala cun ramo de flores e unha torta de cumpreanos, nesta data tan sinalada para Herminia.

FUENSANTA BALSEIRO DE ALFOZ

O 12 de setembro cumpríronse 100 anos do nacemento de Fuensanta Balseiro Martínez, veciña de Alfoz. O alcalde do concello, Jorge Val Díaz e Arantxa Incera, Concelleira de Servizos Sociais visitaron á súa veciña no seu domicilio. Alí entregáronlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Fuensanta é unha muller cariñosa, chea de enerxía e moi positiva que aos seus 100 anos come de todo, aínda que pouco, fai a cama todos os días, sae a pasear coa súa filla Conchita e non se perde tampouco a ocasión de ter o aperitivo dos domingos. Conta que non se queixa de nada, só que agora non anda coma antes pero a súa saúde é de ferro. E sobre todo a súa actitude cara a vida, “hai que mirar de levarse ben e gozar da vida, que para o outro mundo non levamos nada” nos di.

Onte, rodeada da familia e amigos celebrou os seus cen anos e ten claro que a intención é chegar aos 101,…polo menos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...