A Mariña estará en alerta amarela martes e mércores, con ventos de 80 qm/h

O aviso activarase desde o mediodía ante a chegada da borrasca 'Diana', que virá das Azores

San Cibrao. AXM

A borrasca ‘Diana‘, que se moverá desde o norte das Azores cara Irlanda, deixará ventos fortes en Galicia durante as xornadas do martes e o mércores.

A previsión de Meteogalicia é que o vento poda superar os 80 quilómetros por hora na Mariña Lucense, onde a advertencia amarela ficará activada desde as 12.00 horas.

No noroeste da Coruña activarase a partir das 18.00 horas.

ONDAS DE CATRO A CINCO METROS

No litoral coruñés e no de Pontevedra o aviso amarelo comezará o martes a partir das 12.00 horas, por mar combinado do oeste con ondas de catro a cinco metros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here