Conta atrás para a demolición da antiga cetárea de San Cibrao

Costas comezou as obras de retirada da cuberta do viveiro, inutilizado desde 2007

Obras de demolición da cetárea. AXM

O Goberno central iniciou os traballos para a retirada da cuberta da antiga cetárea de Izamar, situada na praia de Cubelas, en San Cibrao.

O viveiro permanece inactivo desde 2007. Ao quedar en desuso deixou no ámbito da praia unhas edificacións obsoletas e nalgún caso perigosas, polo que Costas está a demoler a parte superior da construción, a situada por riba da rasante da soleira.

O Goberno investirá nestas actuacións de recuperación da contorna, que adxudicou á empresa pública Tragsa, 31.807 euros.

Ao longo da semana pasada, a firma efectuou os labores previos de retirada do amianto existente na edificación.

DOUS MESES DE EXECUCIÓN

Segundo explicou a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, “as obras prolongaranse durante dous meses e son complexas pola ubicación na que se encontra a vella cetárea de Izamar, que só permite traballar durante as horas marea baixa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here