InicioCentralA borrasca Varra deixa refaxos de máis de 140 km/h en Muras...

A borrasca Varra deixa refaxos de máis de 140 km/h en Muras e máis de 100 en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O vento deixou ata o mediodía deste martes refachos de intensidade máxima de 142 quilómetros por hora e superou o 100 km/h en puntos do litoral coruñés e lucense debido á influencia da borrasca ‘Varra’ situada sobre Irlanda, que mantén avisos activados en Galicia por forte vento, ondada e choivas.

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 12,15 horas deste martes, en zonas de altitude superior a 900 metros o vento deixou refachos de 142,4 km/h en Muras ás 10,00 horas e de 96,8 km/h ás 11,30 horas en Baleira, tamén na provincia de Lugo.

En zonas de montaña o vento alcanzou o 95,5 km/h ás 11,30 horas en Carballeda de Valdeorras (Ourense) e os 90,3 quilómetros por hora en Manzaneda, na mesma provincia.

Pola súa banda, o vento superou o 100 km/h no litoral coruñés e lucense con refachos de 116,7 quilómetros por hora en Cedeira e 111 km/h en Viveiro, respectivamente, ata o mediodía. E en Vimianzo alcanzou o 102,9 km/h ás 10,00 horas. Pola súa banda, rexistráronse refachos de 96 quilómetros por hora ás 12,10 horas na Pontenova e de 93,3 km/h ás 8,40 horas en Malpica de Bergantiños (A Coruña).

CHOIVA

Pola súa banda, a choiva deixou ata o mediodía deste martes acumulados destacados en municipios con altitude menor de 900 metros todos eles da provincia de Pontevedra, con 61,5 litros por metro cadrado en Cuntis; 58 l/m2 en Poio; 57,6 en Cotobade; 49,8 en Forcarei e 44,2 en Fornelos de Montes.

Pola súa banda, en zonas altas de montaña as choivas deixaron máis de 33,7 litros por metro cadrado en Pedrafita do Cebreiro (Lugo); 32,5 l/m2 en Muras; 20,6 en Rodeiro (Pontevedra) e 19 en Maceda (Ourense).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...