IniciosociedadeA CIG denuncia a derivación a Lugo de pacientes Covid do Hospital...

A CIG denuncia a derivación a Lugo de pacientes Covid do Hospital da Mariña por falta de persoal

Denuncia que, á falta de persoal médico de distintas especialidades, agora súmase á de enfermería.

Publicada o

- Advertisement -

A CIG-Saúde denuncia que, a pesar de haber camas libres no Hospital da Mariña, estanse derivando cara ao Hospital de Lugo (HULA) pacientes positivos en Covid que requiren de ingreso, pola incapacidade do centro para asumir as necesidades asistenciais da comarca.

Dende CIG-Saúde advirten que detrás da boa aparencia pola renovación das fachadas, dando a impresión de que está a apostar polo crecemento do hospital, agóchase un hospital desmantelado pola falta de persoal.

Así, o delegado da CIG Adolfo Corral explica que, á falta de persoal médico de distintas
especialidades que vén arrastrando de xeito crecente este centro hospitalario, súmase agora a falta do persoal de enfermaría necesario para manter operativo o hospital ao 100%.

Ante esta situación, a Dirección do centro decide, malia ter camas desocupadas, asumir só un máximo de 10 pacientes Covid e derivar cara ao HULA o resto de doentes; polo que esta semana, veciños e veciñas da Mariña xa sofren as consecuencias de ter que ingresar en Lugo logo de acadarse o máximo establecido de ocupación.

FUXIDA DE PROFESIONAIS

“O Hospital da Mariña leva máis de dous anos cun importante déficit de persoal,
nomeadamente en enfermería, que lonxe de arranxarse estase agravando cada vez máis”, denuncian dende a CIG.

O sindicato ten denunciado en reiteradas ocasións os abusos aos que esta Dirección somete ao persoal de enfermaría das listas de contratación, que provocaron unha fuxida masiva de efectivos cara a outros centros sanitarios onde lles ofertan mellores contratos e respectan seus dereitos.

Dende CIG-Saúde levan anos dicíndolle a esta Dirección que dignifique a contratación,
ofrecendo contratos estables cunha carteleira establecida, con dereito a vacacións e a que o persoal estea protexido laboralmente ante unha enfermidade ou un accidente.

“Por iso, responsabilizamos da situación sanitaria do Hospital a esta equipo directivo que segue cometendo os mesmos abusos e maltratos sen querer mudar as súas políticas de xestión da contratación”, conclúen dende o sindicato.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...