Dous mortos con covid na Mariña nos últimos días

Faleceron o pasado 21 de xaneiro no Hospital da Mariña.

Persoal da residencia de Cervo pecha a porta dunha ambulancia. GC/EP/CARLOS CASTRO

O Sergas comunicou o falecemento de 12 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus desde o pasado 16 de xaneiro ata o día 23, delas, dúas na Mariña
Así, o día 21 morría unha de 95 anos, no Hospital da Mariña que procedía da Residencia O Valadouro e outra de 85 anos, no Hospital da Mariña.
Ademais houbo outros dous falecidos na provincia de Lugo. O mesmo día 21 un muller de 99 anos, no seu domicilio no Concello de Lugo e o día 16 de xaneiro, un home de 89 anos, no seu domicilio do Concello de Ribas de Sil.
Segundo o sergas, todos tiñan patoloxías previas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here