IniciosociedadeAlerta amarela durante toda a fin de semana na Mariña, con ventos...

Alerta amarela durante toda a fin de semana na Mariña, con ventos de 80 qm/h

MeteoGalicia agarda refachos de forza 7 desde a madrugada do sábado á noite do domingo

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense permanecerá en alerta amarela por fortes ventos desde as 00.00 horas do sábado, con refachos que superarán os 80 quilómetros por hora.

MeteoGalicia mantera o aviso durante todo o sábado e tamén durante a totalidade do domingo, cun prognóstico semellante.

No litoral haberá ventos do suroeste con forza 7, que se prolongarán tamén durante a xornada dominical. Non se esperan altos niveis de precipitacións, como si sucede noutros puntos de Galicia.

A alerta amarela indica que existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral aínda que só para algunha actividade concreta. Trátase de fenómenos meteorolóxicos habituais pero potencialmente perigosos.

CONSELLOS

Os consellos nestes casos son limitar os desprazamentos, non subir aos tellados e asegurar calquera obxecto exposto ao vento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...