Alerta laranxa este luns na Mariña por temporal costeiro

A alerta comeza ás 15.00 horas.

Ondas na Rapadoira. EFE/ELISEO TRIGO

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa para este luns por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinado do noroeste, con ondas de cinco a seis metros que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña e á costa de Lugo. En concreto, segundo informou a Vicepresidencia primeira da Xunta, empezará a partir das 4,00 horas deste luns na Coruña e a partir das 15,00 horas en Lugo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, de diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realziar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here