IniciosociedadeDenuncian novamente os atrasos e déficits na atención sanitaria da Mariña

Denuncian novamente os atrasos e déficits na atención sanitaria da Mariña

Un veciño que sufriu unha caída da bicicleta en decembro do ano pasado con resultado de trauma craneoencefálico e lesións no acromion e nun dedo leva meses agardando ser atendido por traumatoloxía.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia, novamente, as deficiencias na atención sanitaria á veciñanza desta comarca. Desta vez, destaca o caso dun paciente que, tras sufrir unha caída da bicicleta  e ser atendidas as lesións que máis urxencia requerían, está a sufrir importantes atrasos na atención a lesións no acromion e nun dedo que son incapacitantes e lle producen unha dor que non cede con analxesia. É a

I.P.P. sufriu unha caída da bicicleta o 19 de decembro do pasado ano, con resultado de traumatismo craneoencefálico ( TCE) e lesións nun dedo e no omóplato. Desde o hospital da Mariña foi derivado ao HULA para o tratamento do TCE, onde permanece ingresado , dous días na UCI e tres en planta. Durante o seu ingreso na UCI aténdense tamén as feridas , máis non se realizan probas radiolóxicas do dedo e acromion. Unha vez resolto o trauma craneoencefálico causa alta hospitalaria, sendo remitido ao control pola médica de familia que lle indica a demora que está a producirse de xeito habitual nas consultas de especialistas e no servizo de radioloxía do hospital. Como a dor que sufre é insoportable e os analxésicos non o alivian, decide acudir a urxencias e tras realizarlle radiografías a impresión diagnóstica é de “tendinopatía do ombro esquerdo e contusión do primeiro dedo da man dereita”.

O paciente tivo que volver á súa médica de familia porque a dor é insoportable, pero non consigue cita con traumatoloxía polos tempos de agarda tan desmesurados , da orde dun ano. Decidiu chamar a Atención ao Paciente para que atendan o seu caso e se lle de a atención que precisa, pero non consigue contactar tras chamar de forma continuada no horario que lle indicaron, de 13 a 14 horas

“A insoportable dor resistente a analxésicos levan ao home a acudir á sanidade privada  de Lugo, onde se lle realiza en marzo de 2022 ecografía e resonancia magnética , dos que deriva o diagnóstico de compatible con rotura completa do ligamento do pulgar dereito e fractura de acromion e a recomendación de que acuda ao seu hospital de referencia para o tratamento correspondente”, apunta a plataforma. Pero varias semanas despois deste diagnóstico, cunha dor inmensa, co ligamento roto e sen posibilidade de que cure de xeito natural , e cunha baixa laboral de varios meses, o paciente segue sen ser visto para instaurar o tratamento pertinente.

Desde o colectivo sanitario esixen ao Sergas e á dirección do hospital que de xeito inmediato solucionen o problema procedendo a tratar a rotura ligamentosa  como  mellor proceda e dunha vez por todas se remate coa insufrible dor que está a padecer o paciente.  “Consideramos que desde que ocurriu o accidente pasou un tempo máis que suficiente para diagnosticar, tratar e mesmo avanzar na recuperación do paciente que non quere outra cousa que a súa curación, o cese da dor e a reanudación da súa vida laboral@; ao noso parecer a demora na atención é sinxelamente vergoñenta”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...