Así será a Semana Santa: moita ilusión logo de dous anos de Covid

Suso Fernández, tenente de alcalde e membro da Xunta de Cofrarías de Semana Santa manda unha mensaxe de tranquilidade.

Procesión da Virxe da Esperanza. AXM

En Viveiro sairán ás rúas, durante unha semana 15 procesións con máis de 3.500 confrades. Haberá catro itinerarios diferenciados, dous con saída desde a Igrexa do Convento de San Francisco, outro desde a Igrexa de Santa María e o cuarto desde a Capela Misericordia, o único que cruzará a ponte que une as dúas marxes da ría de Viveiro.

Suso Fernández, tenente de alcalde e membro da Xunta de Cofrarías de Semana Santa do municipio, tamén manifestou que, tras dous anos “moi amolados”, regresan con “moita ilusión” porque “a Semana Santa é unha data marcada no calendario para todos os viveirenses” e, en definitiva, unha data “ineludible”.

En declaracións a EP recollidas por Galicia Confidencial, o viveirense mandou unha mensaxe de tranquilidade aos que se acheguen á localidade nestas festas: “Será unha Semana Santa segura”. Neste sentido sinalou que as maiores aglomeracións pódense dar na Praza Maior, pero insistiu en que “os percorridos son longos, hai rúas máis anchas e non ten porqué haber ningún problema”.

As expectativas no concello da Mariña en canto ao número de visitantes son altas e agora só piden que “acompañe o tempo” porque o demais “está todo preparado”. No que respecta ás confrarías, Suso Fernández explicou que se entregan os capuchóns “completamente hixienizados” e “de forma individual” para que os participantes tamén sentan “seguros”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here