Centos de persoas gozaron do percebe máis rico do mundo

As festas estiveron amenizadas por Con Faldas y a lo Loco e Catuxa Salom.

Prato de percebes. RIBADEO.GAL

Centos de persoas pasaron este sábado por Rinlo, en Ribadeo, onde un ano máis celebrouse a Festa do Percebe. Uns 800 quilos foron ofrecidos dende o mediodía a un prezo popular de 15 euros a ración. A xornada estivo amenizada por un grupo de música tradicional Con Faldas y a lo Loco, por Catuxa Salom, artista que fusiona música galega con ritmos tribais latinoamericanos, e por un dj.

Unha vez máis o Concello de Ribadeo colaborou na organización deste importante evento coas mariscadoras da Confradía de Ribadeo-Rinlo, e este ano por primeira vez a Concellaría de Turismo xunto coa Asociación de Veciños O Cantal instalou unha caseta onde se ofreceu información turística sobre este pobo mariñeiro e o concello de Ribadeo en xeral.

Para a ocasión esta área acaba de lanzar un folleto monográfico sobre este porto histórico de orixe medieval, onde se fala da súa arquitectura, das cetáreas, do percebe a súa festa e outros datos de

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here