IniciosociedadeUnha estrada da Mariña, a máis perigosa de España

Unha estrada da Mariña, a máis perigosa de España

Trátase dos oito primeiros quilómetros da N-642, entre a vila de Ribadeo e Porto

Publicada o

- Advertisement -

O tramo máis perigoso da rede de estradas do estado está na Mariña Lucense, segundo o décimo sexto estudo EuroRAP. En concreto, trátase do oito primeiros quilómetros da N-642, a vía que vertebra a bisbarra.

O treito en concreto abrangue de Ribadeo a Porto, ou entre os cruces coa N-640 e coa N-634.

O ALCALDE PIDE MEDIDAS

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, subliña que “é unha vía moi sinousa e que leva moitos anos deteriorada“.

O rexedor lembra que “nos últimos meses foi obxecto dun rebacheo con aglomerado parcial, para nada un acondicionamento do seu firme”.

Suárez Barcia resalta que “as beiravías están sempre cheas de grixo, cheas de grava“, o que fai a estrada especialmente perigosa “para ciclistas e motociclistas. Faríase necesario que desde o Ministerio de Fomento prestasen atención a estas incidencias”, sostén o rexedor.

Treito considerado perigoso da N-642, entre os cruces coa N-640 e N-634. GOOGLE MAPS

3.000 QUILÓMETROS DE POTENCIAL PERIGO

O informe, que ten en conta datos dos últimos tres anos (2015-2017), identifica os tramos de estrada con maior risco de accidentalidade grave ou mortal en función da cantidade de vehículos que circulan por eles, así como os tramos con máis concentración de accidentes.

No conxunto estatal, máis de 3.000 quilómetros da rede teñen un risco elevado ou moi elevado de accidente grave ou mortal, o que representa o 12,2% do total. Este dato supón un descenso de 2,2 puntos porcentuais respecto da última edición do estudo.

Pola contra, máis de 18.300 quilómetros teñen un risco baixo ou moi baixo de sinistralidade grave ou mortal, o que representa o 73,8% do total.

Neste sentido, as autoestradas son as vías máis seguras, cun 65% de rede cun índice de risco moi baixo, xunto ás autovías (50% de risco moi baixo). Son as estradas convencionais de calzada única as que contan con máis puntos negros ou vermellos de accidentalidade, cun 22% de quilómetros.

BAIXA O RISCO

Segundo indica o documento, o risco de accidentalidade diminuíu polos datos de 2017, ano no que aumentou o tráfico pero diminuíu a mortalidade. No entanto, no resto de rede interurbana (titularidades autonómicas e deputacións), as vítimas mortais aumentaron.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...