Sufocan un incendio nun asador de Burela sen danos persoais

A rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou feridos, xa que nese momento había traballadores e clientela no establecemento burelés

Local no que se produciu o incendio. AXM

Os servizos de urxencia sufocaron un incendio declarado na grella dun restaurante da rúa do Campón, situada no centro de Burela.

Segundo relatou a Galicia Confidencial o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o incidente saldouse sen danos persoais grazas á “rápida intervención” dos efectivos de urxencia mobilizados.

O incendio orixinouse ao redor das 13.00 horas deste domingo na cheminea deste céntrico restaurante.

O rexedor mostrou a súa satisfacción por que non haxa que lamentar danos persoais, xa que nese momento había clientela no bar do establecemento.

Por iso, os servizos de emerxencias procederon ao desaloxo do primeiro andar mentres duraron as tarefas de extinción.

As chamas quedaban sufocadas aproximadamente unha hora e media despois do inicio do lume, que podería afectar á primeira planta o edificio.

UNHA PERSOA ATENDIDA

Afortunadamente, ninguén resultou gravemente afectado, agás unha persoas que foi atendida no punto sen necesidade de ser trasladada ao Hospital Público da Mariña.

Nestes traballos participaron os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo, alertados desde o 112 Galicia. Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Garda Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here