Unha forte colisión na rotonda de Beltrán sáldase sen feridos

Unha furgoneta quedou envorcada tras bater cun turismo sobre as nove da mañá no acceso do corredor Celeiro-San Cibrao

Accidente na rotonda de Beltrán. CEDIDA

Unha aparatosa colisión entre dous vehículos na rotonda de Beltrán, no municipio de Xove, saldouse sen feridos.

O accidente produciuse sobre arredor das 8.50 horas, cando unha furgoneta e un turismo bateron á altura do quilómetro 98,2 da LU-862.

Trátase dunha zona de bastante tráfico, ao supoñer un acceso ou saída para a vía de alta capacidade Celeiro-San Cibrao.

Malia a espectacularidade do sinistro, e que a furgoneta quedou envorcada tralo choque, non houbo que lamentar feridos nin foron precisos cortes de circulación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here