A familia da moza que morreu nas Catedrais recorre o arquivo da causa

O xulgado de Mondoñedo decidiu o sobresemento ao non atopar incidios de criminalidade

Praia das Catedrais. GC

A familia da moza que faleceu o pasado 31 de marzo na praia das Catedrais, en Ribadeo, ao caerlle unha pedra na cabeza, recorreu o arquivo da causa, segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A moza, I. V. Z., de 25 anos e natural de Valladolid, atopábase no interior dunha das covas do areal cando recibiu o impacto da rocha que se desprendeu, o que lle causou un traumatismo cranioencefálico e a morte no acto.

O xulgado de Mondoñedo arquivou o caso ao non apreciar indicios de criminalidade. A familia decidiu recorrer a decisión do tribunal.

a rapaza, natural de valladolid, atopábase nunha das covas cando recibiu o impacto dunha rocha

Despois destes feitos, a Xunta de Galicia decidiu pechar o acceso ao monumento natural para que técnicos inspeccionasen a zona. Un catedrático da USC alertara meses atrás dos riscos do “exceso” de visitantes nas Catedrais.

A Consellería de Medio Ambiente encargou un novo informe sobre a situación dos cantís á Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia. Tras analizar as conclusións, solicitou ao Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente o peche cautelar das covas e corredores da praia das Catedrais.

REGULAMENTO DE VISITAS

A Xunta activou durante a Semana Santa de 2016 o plan de conservación da praia das Catedrais, co que se empezou a limitar o acceso ao areal.

O programa regulador foi aprobado polo Goberno galego en xuño de 2015 e establece unha afluencia máxima de 4.812 persoas diarias en temporada alta, é dicir, tanto en Semana Santa como no verán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here