Catro detidos por roubos en vivendas habitadas de Ribadeo e Coaña

Un dos presuntos ladróns foi sorprendido polo dono dunha casa da localidade asturiana

Vehículo da Garda Civil. AXM

EFE. Tres homes e unha muller foron detidos pola Garda Civil como presuntos autores dun roubo cometido nunha casa habitada de Ribadeo e doutro en grao de tentativa nunha vivenda de Torce, en Coaña, onde un dos presuntos ladróns foi sorprendido polo propietario na tarde do pasado domingo.

O denunciante ofreceu unha descrición exhaustiva do mozo, que se fugou, pero foi localizado posteriormente e interceptado xunto a outro rapaz no polígono de Jarrio por unha patrulla do posto de Navia.

Trala súa detención, identificouse a un deles como un dos presuntos autores dun roubo cometido ese mesmo día nunha vivenda de Ribadeo, da que fuxiron cun coche localizado ao pé dunha estación de servizo de Jarrio con dúas persoas no seu interior.

A continuación identificouse aos ocupantes e, tras consultar a base de datos da Garda Civil, comprobouse que contaba con numerosos antecedentes policiais por delitos contra o patrimonio, e que cometeran feitos delictivos cos identificados anteriormente.

A DISPOSICIÓN XUDICIAL

Os catro foron postos a disposición do Xulgado de Instrucción de Luarca, como presuntos autores de delitos contra o patrimonio, un deles en grao de tentativa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here