InicioSucesosImputada unha veciña de Viveiro de 21 anos por suposta estafa en...

Imputada unha veciña de Viveiro de 21 anos por suposta estafa en internet

A investigada puxo en venta un móbil na rede e recibiu o pago sen enviar nunca a mercancía

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Unha moza de 21 anos, veciña da localidade lucense de Viveiro, enfróntase a unha imputación como investigada pola suposta comisión dun delito de estafa.

A rapaza, supostamente, puxo en venta un móbil a través de internet, pero tras recibir o pago do comprador, nunca chegou a enviar o teléfono.

A Garda Civil abriu unha investigación despois de que o comprador denunciase que, tras efectuar o pago, non recibiu o terminal que mercara na rede.

A DISPOSICIÓN XUDICIAL

As pesquisas da Benemérita levaron á imputación desta moza, que pasou a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...