Un veciño de San Tirso, en estado crítico pola picadura dunha velutina

A vítima, alérxica a estes insectos, foi subministrarse o antídoto de adrenalina, pero desvaneceuse

Avespa velutina. AXM

Un veciño de San Tirso de Abres de 32 anos permanece ingresado en estado moi grave no Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) en Oviedo tras sufrir a picadura dunha velutina, segundo publica El Comercio.

A vítima, que era alérxica ás avespas asiáticas, desbrozaba os lindes dunha finca na mañá do martes cando foi atacado polo insecto. Segundo o testemuño do irmán, recollido polo xornal asturiano, acudiu ao domicilio a buscar a adrenalina que tiña para administrarse en caso de picaduras, pero desavaneceuse.

Tamén segundo expuxo o seu familiar en El Comercio, a situación é crítica, pois a súa actividade cerebral redúcese pouco a pouco. A vítima recibiu picadas noutras tres ocasións pero sempre fora quen de establecerse co antídoto.

TRASLADO AO HOSPITAL

Un veciño transladouno ao centro de saúde da localidade onde recibiu a primeira atención antes de ser trasladado ao hospital ovetense nunha ambulancia medicalizada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here