IniciosociedadeRibadeo sitúa en Mirasol o foco dunha praga de mosquitos que afecta...

Ribadeo sitúa en Mirasol o foco dunha praga de mosquitos que afecta a veciños e hoteis

O Concello pide a Portos de Galicia que actúe dado que a epidemia se "está a expandir" e remarca os problemas que está a causar na hostalería a días do inicio da tempada alta

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo alertou a través dun escrito a Portos de Galicia da existencia dunha praga de mosquitos ocasionada polo amoreamento de madeira no peirao de Mirasol, que está a producir “innumerables queixas por parte da veciñanza e dos negocios hoteleiros próximos ao peirao”, explica o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

Con todo, expón o rexedor, “esta problemática está a detectarse en lugares mais afastados da nosa vila”.

O goberno local salienta que acompañou a carta dun informe da empresa especializada en pragas Sanal Control Medioambiental, contratada polo executivo municipal.

Segundo constatou esta empresa, “o foco” da praga é esta madeira, acumulada no porto “desde hai meses”. Deste xeito, “sería necesario ben tratala ou ben retirala canto antes”, dado que coa calor “o problema agravaríase aínda máis”.

SEN ELIMINAR O FOCO, “CALQUERA APLICACIÓN É INÚTIL”

O informe, subliña o Concello, advirte das dificultades que atravesan os hoteis, que “se enfrontan ao comezo da tempada alta con este contratempo, xa que non conseguen eliminalos das fiestras e das habitacións, malia limpar e aplicar insecticida todos os días. Tamén teñen incidencias nas comidas”, apunta.

Sanal Control Medioambiental asegura ter comprobado que a praga se está a extender a todo o pobo en xeral e que as queixas están indo a máis. “Calquera aplicación vai ser inútil se non se elimina o foco”, remarca.

INSTA Á XUNTA A “TOMAR MEDIDAS”

Así, o goberno local insta ao ente hidráulico autonómico a “tomar as medidas oportunas ao respecto para acabar con esta praga de mosquitos e as consecuentes molestias que están a ocasionar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...