InicioSucesosTres detidos por roubos en coches e autocaravanas na Mariña

Tres detidos por roubos en coches e autocaravanas na Mariña

A Garda Civil atribúelles aos arrestados ata 16 furtos en distintos puntos da xeografía española

Publicada o

- Advertisement -

Tres mozos, dous italianos e un veciño de Vitoria-Gasteiz, resultaron detidos en Lugo como supostos autores de roubos en coches e autocaravanas por toda a xeografía española e tamén na Mariña Lucense.

A Garda Civil iniciou a investigación trala denuncia de varios delitos cometidos en áreas de aparcamento de praias da Mariña Lucense levou á identificación dos detidos, que teñen entre os 18 e os 21 anos de idade. Desprazábanse nunha autocaravana con placa de matrícula alemá pola xeografía española.

No vehículo, os axentes interviñeron teléfonos móbiles de alta gama, cámaras fotográficas, un ordenador, un televisor, pequenos electrodomésticos, pezas de roupa, zapatillas, bolsos, carteiras, xoias e reloxos. Todos eles de “procedencia inxustificada”.

DESDE A COSTA LUGO ATA CÁDIZ

A raíz da investigación en curso esclarecéronse, polo menos, 16 delitos de roubo en turismos e autocaravanas en Cedeira e Sanxenxo, e tamén noutros puntos do Estado como Conil de la Frontera (Cádiz) e Aliseda (Cáceres).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...