(AMPLIACIÓN) Investigan a unha ribadense por coaccionar a un veciño nun bar da localidade

A detida ameazou supostamente a un home que interpuxo unha denuncia contra un familiar seu

Axente e coche da Garda Civil. EFE

EFE. A Garda Civil imputou en calidade de investigada este mércores pola tarde a unha veciña de Ribadeo como presunta autora dun delito de coaccións.

De acordo cun comunicado emitido pola Garda Civil, os feitos ocorreron na tarde do pasado sábado 3 de agosto, nun establecemento de hostalería da localidade ribadense. A persoa investigada ten 38 anos de idade.

INCIDENTE NUN BAR

Segundo expón a Benemérita, supostamente, no mesmo local, a muller investigada coaccionou a unha terceira persoa para que retirase unha denuncia que interpuxera con anterioridade contra un familiar seu. A persoa arrestada foi xa posta a disposición do Xulgado correspondente.

UN MENOR, INVESTIGADO POR LESIÓNS

A Garda Civil investigou ás 19.00 horas deste mércores a un menor de idade veciño de Ribadeo como presunto autor doutro delito de lesións.

Os feitos tiveron lugar durante a madrugada do pasado 17 de agosto na localidade de Ribadeo, onde supuestamente a persoa investigada agrediu a un terceiro, que presentou unha denuncia achegando un parte médico coas lesións sufridas. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here