Tres rescatados en helicóptero tralo afundimento dunha embarcación preto da Abrela

O equipo abordo da aeronave conseguiu localizar e rescatar aos náufragos, que se atopaban nunha zona de difícil acceso

O helicóptero Pesca II. AXM

EFE. Os tres tripulantes dunha embarcación afundida tras unha avería cando navegaba pola Mariña Lucense foron rescatados con axuda dun helicóptero, informou hoxe o servizo de Urxencias.

A embarcación na que viaxaban afundiuse nas proximidades da praia de Abrela, no municipio lucense do Vicedo.

Tras recibir unha alerta por radio cara ás 12.30 horas, o servizo de Salvamento Marítimo procedeu a enviar á zona unha helicóptero, en concreto o Pesca II de Gardacostas de Galicia.

O equipo a bordo da aeronave conseguiu localizar e rescatar aos tres náufragos da embarcación, que se atopaban nunha zona de difícil acceso.

TRASLADADOS AO HOSPITAL DE BURELA

Os tres foron evacuados a bordo do helicóptero de Salvamento Marítimo e trasladados de urxencia ao Hospital Público da Mariña, en Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here