Ferida unha muller ao ser atropelada por unha furgoneta en Burela

O incidente aconteceu este mediodía á altura do de peóns da confluencia entre as avenidas Arcadio Pardiñas e Eijo Garay

Zona na que se produciu o atropelo. GOOGLE MAPS

Unha muller de 56 anos, M. V. R. T., resultou ferida ao ser atropelada por unha furgoneta este mediodía na confluencia entre as avenidas Arcadio PardiñasEijo Garay da localidade de Burela.

O incidente, do que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso ás 13.26 horas, produciuse á altura do paso de peóns ubicado fronte ao supermercado da cadena Gadis. Daquela, mobilizou ata a zona persoal de Urxencias Sanitarias-061, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo e da Policía Local.

TRASLADADA AO HOSPITAL

A muller caeu ao recibir o impacto do vehículo, conducido por N. P. L., pero o seu estado non parece revestir gravidade. Actualmente atópase en observación no Hospital Público da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here