InicioSucesosDetidos dous menores de Burela por un roubo con forza nunha vivenda...

Detidos dous menores de Burela por un roubo con forza nunha vivenda deshabitada

Os feitos ocorreron o pasado día 25 de setembro, cando os presuntos autores accederon a unha casa desocupada da que subtraeron obxectos de diferente valor

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous menores veciños do municipio de Burela por un roubo con forza nunha vivenda deshabitada.

Segundo informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, ás 9.30 horas do pasado martes 1 de outubro foron detidos na localidade de Burela dous menores, veciños deste municipio, como presuntos autores dun delito de roubo con forza no interior de vivenda.

POSTOS A DISPOSICIÓN DA FISCALÍA DE MENORES

Os feitos tiveron lugar o pasado día 25 de setembro, cando os presuntos autores accederon a unha casa deshabitada da que subtraeron obxectos de diferente valor. Os detidos foron postos a disposición da Fiscalía de menores, segundo indicaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...