Detido un veciño de Burela como suposto autor dun delito de lesións con arma branca

O detido, de 38 anos, lesionou presuntamente a dúas persoas na madrugada do sábado ao domingo nun establecemento de hostalería da localidade burelá

Axente da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo o pasado domingo a un veciño de Burela como suposto autor dun delito de lesións con arma branca.

Segundo informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, axentes da Benemérita procederon á detención na madrugada do domingo, sobre as 7.00 horas. A persoa detida, cunha idade de 38 anos e natural de Cabo Verde, lesionou presuntamente a dúas persoas con arma branca nun establecemento de hostalería da localidade burelá.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

Fontes da Garda Civil confirmaron no mesmo texto enviado aos medios de comunicación que a persoa detida foi posta a disposición do xulgado correspondente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here