Un barreirense, detido por unha agresión en Burela que requiriu puntos de sutura

Ao arrestado, de 34 anos, atribúeselle un delito de lesións cometido o pasado día 19

Vehículo da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo na madrugada do pasado domingo, día 27 de outubro, na localidade de Burela a un veciño de San Miguel de Reinante, do municipio mariñao de Barreiros, como suposto autor dun delito de lesións.

Segundo expuxo a Benemérita a través dun comunicado de prensa, os feitos tiveron lugar na localidade de Burela o pasado día 19 do actual mes, cando supostamente a persoa detida, de 34 anos de idade, agrediu a un terceiro, o cal presenta lesións que requiriron puntos de sutura tras ser atendido nun centro hospitalario.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

No mesmo comunicado, o Instituto Armado precisa que a persoa detida foi posta a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here