InicioSucesosArde unha casa e os tellados doutras dúas lindeiras en Foz

Arde unha casa e os tellados doutras dúas lindeiras en Foz

Ocorreu no Caritel, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo; non hai persoas afectadas, xa que os ocupantes estaban todos fóra do domicilio cando se produciu o incendio

Publicada o

- Advertisement -

Medios de emerxencias foron mobilizados nas primeiras horas deste martes debido a un incendio que afectou a unha casa de dúas plantas no termo municipal de Foz. A medida que foi avanzando a mañá, o lume queimou por completo esa vivenda e tamén chegou ao tellado dunha vivenda lindeira, que colapsou sobre a primeira planta, e ao doutra contigua.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, ás 8.15 horas deste martes recibiu o aviso dun particular dun incendio nunha fallado dunha casa de dúas plantas na parroquia de San Martiño de Mondoñedo no lugar do Caritel en Foz.

Foron mobilizados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por precaución; os Bombeiros de Barreiros, GES de Cervo, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local.

Debido á magnitude e á rapidez con que se propagaron as chamas, foi necesaria a colaboración dos Bombeiros de Viveiro para atallar o lume, que xa se propagara a outras dúas casas.

Así o confirmou o alcalde de Foz, Francisco Cajoto, que relatou que o incendio comezou no faiado dunha vivenda de dúas plantas na que residía unha muller de 76 anos, que puido saír “sen complicacións” da vivenda tras declarase o lume.

UNHA MULLER DE 76 ANOS, DESALOXADA

Posteriormente, o lume, debido ao vento, pasou á seguinte vivenda, na que ardeu o tellado, que colapsou sobre a planta superior desta casa, na que non había ninguén, e propagouse a unha terceira -en ruínas- que resultou “parcialmente afectada”, concretou o rexedor, que destacou a “impotencia” dos veciños ante o suceso.

Á septuaxenaria residente na primeira vivenda, que resultou completamente calcinada, o Concello de Foz brindoulle “calquera tipo de axuda” e hospedarase coa súa familia directa que reside nunha vivenda próxima.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...