InicioSucesosAccidente múltiple en Foz por mor dun xabaril que invadiu a estrada

Accidente múltiple en Foz por mor dun xabaril que invadiu a estrada

Un home de 41 anos resultou ferido e foi evacuado ao Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Un xabaril que irrompeu na vía foi a causa de que tres vehículos que circulaban pola estrada N-642, á altura da praia de Areoura, no municipio de Foz, chocasen este luns. Debido ao impacto, un home resultou ferido.

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente sucedeu sobre as 6.30 horas deste luns e ata o lugar, ademais dos servizos sanitarios, desprazáronse axentes de Tráfico e efectivos de Protección Civil da localidade.

En concreto, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico que levou á persoa ferida, un home de 41 anos, C. S., ao Hospital Público da Mariña. Os Bombeiros de Barreiros, os membros do GES de Cervo e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foron informados polo 112 Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...