A Garda Civil investiga xa o sucedido en relación a unha pelexa con varios mozos implicados, supostamente convocada por redes sociais, na tarde do pasado sábado na localidade de Ribadeo (Lugo).
Segundo informaron fontes próximas á investigación, abriuse unha pescuda para saber que pasou e esclarecer os feitos relativos a esta pelexa do pasado sábado con mozos implicados, a “maioría” menores.
SEN DENUNCIA
En concreto, a Garda Civil recibiu sobre as 18.00 horas do pasado sábado o aviso dunha pelexa con varios mozos implicados no municipio de Ribadeo. Ata a data non foi presentada ningunha denuncia en relación os feitos investigados.
Fontes consultadas apuntaron que supostamente os mozos implicados quedaron por redes sociais para “pegarse”.