InicioSucesosA Policía apunta cara a unha "marcha voluntaria" no caso do desaparecido...

A Policía apunta cara a unha “marcha voluntaria” no caso do desaparecido en Viveiro

Xa non hai procura activa trala batida “máis intensa” realizada este martes na zona de costa e outros puntos, na que non se achou o coche de Alejandro Meitín San Isidro, de 34 anos

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os investigadores da Comisaría do Corpo Nacional de Policía en Viveiro barallan nestes momentos dúas hipóteses, “a desaparición voluntaria ou un accidente”, en canto á desaparición de Alejandro Meitín San Isidro, o home de 34 anos do que nada se sabe desde o pasado sábado, cando non regresou a casa logo de participar nunha cea con compañeiros de traballo. Con todo, na mañá deste mércores, a Policía apunta máis claramente cara a unha marcha voluntaria.

Mais seguen as pesquisas. Fontes policiais confirmáronlle a EFE que, para descartar a hipótese dun accidente, a Policía Nacional, a Local e axentes da Garda Civil están buscando nas estradas da comarca da Mariña.

En canto á segunda posibilidade, os investigadores tratan de verificar algúns testemuños que aseguran ver ao desaparecido nas últimas horas, aínda que tamén recordan que se trata dunha persoa de 34 anos e hai que tratar o asunto con “delicadeza” para “non interferir na súa vida persoal“.

Fontes da Policía Nacional tamén confirmaron que, neste momento, os axentes que se fixeron cargo da investigación están comprobando se houbo movemento nas súas contas bancarias ou gastos coas tarxetas de crédito desde o momento da súa desaparición.

Na mañá deste mércores, a Policía apunta de maneira máis firme cara a unha “marcha voluntaria” do home. Fontes próximas á investigación, que mantén aberta a Policía Nacional, manifestaron que “todo indica” que o home fuxiu “voluntariamente no coche”. Polo momento proseguen as pescudas, pero xa non hai procura activa trala batida “máis intensa” realizada este martes na zona de costa e outros puntos, na que non puideron achar o seu coche.

VESTÍA JEANS E CAMISA DE CADROS E CONDUCE UN FORD FIESTA GRIS

No momento da súa desaparición, vestía pantalón vaquero e unha camisa azul de cadros, e viaxaba nun Ford Fiesta de cor gris. De acordo con información de SOS Desaparecidos, Alejandro mide 1,83 metros e é de complexión “grosa” con pelo moreno, ollos castaños e pendentes nas orellas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...