Seguen as búsquedas polas desaparicións en Burela e Viveiro, que semellan non ter relación

A Garda Civil tenta confirmar se Jesús Ramón García Balseiro, burelao de 47 anos, foi visto en Ourense; a Policía Local non ten máis pistas do viveirense Alejandro Meitín San Isidro

Alejandro e Jesús. AXM

As forzas de seguridade buscan a un veciño de Burela, Jesús Ramón García Balseiro, de 47 anos, desaparecido desde o pasado xoves ás 13.00 horas, cando non acudiu a comer cos seus compañeiros de Talleres Bidueiros.

Por agora non consta denuncia ao non teren pasado 48 horas desde que os seus familiares e amigos o botaron en falta, pero as forzas de seguridade teñen constancia da súa desaparición e iniciouse cos seus seres queridos a súa procura. Os seus parentes abriron unha campaña nas redes sociais para atopalo.

Segundo os datos ofrecidos, Jesús Ramón levaba roupa escura. O desaparecido conduce un Opel Meriva de cor gris escura, matrícula 5860 JDT. A Garda Civil, que se encarga do caso, tenta confirmar se é certo que foi visto en Ourense, como sinalaron algunhas fontes.

ALEJANDRO, SEIS DÍAS DESAPARECIDO

A Policía Nacional segue a traballar na desaparición de Alejandro Meitín San Isidro, de 34 anos, que falta desde o pasado domingo, e que o sábado acudiu pola noite a cear con compañeiros de traballo.

Segundo confirmou o Comisario, Jesús Seco, Garda Civil e Policía Nacional traballan en cadanseu caso, pero están en contacto para comprobar se ambas desaparicións teñen algo que ver. Aínda que as forzas de seguridade abordarán de novo o vindeiro luns esta cuestión, semella que as dúas situacións non teñen relación.

A Policía Nacional mantén que “a hipótese máis probable” no caso da desaparición de Alejandro é unha marcha voluntaria, dado que tampouco aparece o seu coche, un Ford Fiesta de cor azul ceo, semellante ao gris. As pescudas centraranse en consultar de novo ás testemuñas por se achegan algún dato novo ou lembran algunha pista esquecida, dado que as procuras por estrada para atopar o vehículo non deron resultado.

Alejandro vestía un pantalón vaqueiro e unha camisa de cadros de cor azul. Mide 1,83 metros, de constitución grosa e leva pendentes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here