InicioSucesosA Policía descarta que Alejandro Meitín estea no porto deportivo de Viveiro...

A Policía descarta que Alejandro Meitín estea no porto deportivo de Viveiro tras un rastreo por terra e mar

Uns quince axentes do corpo policial e da Garda Civil participaron na procura, tanto na zona dos pantaláns como na área de onde se reflotou o coche do desaparecido

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional descartou este venres despois dun rastreo por terra e mar que o corpo de Alejandro Meitín San Isidro se atope no peirao deportivo de Viveiro, de onde onde o pasado 27 de decembro se reflotou o seu coche, un Ford Fiesta 0480 FVJ.

O comisario da Policía Nacional, Jesús Seco, explica que participaron nas tarefas de búsqueda axentes da Garda Civil e do corpo policial, cunha patrulla formada por oito persoas en terra, sete en lancha e dous buzos. A procura, tanto nos pantaláns do peirao de baixura como na zona onde apareceu o vehículo, non deu resultados.

As boas condicións nas que desenvolveron as pescudas, nun día claro e sen incidencias, fan descartar á Policía Nacional que o corpo do desaparecido se atope na zona. “Está todo en reposo e había boa visibilidade; practicamente non se moveu o fango desde que se retirou o coche que estaba afundido”, expón Seco, de xeito que “descártase que (Alejandro) estea alí“. De feito, en principio non se volverá buscar nesta área, porque “fixemos un rastreo bastante completo”.

Así as cousas, mantense a hipótese do accidente como a máis plausible. “Hai un cúmulo de circunstancias que fan bastante probable esta posibilidade. Cremos que o turismo puido caer para atrás nun estado semiinconsciente e ser arrastrado pola marea ao estar as fiestras abertas”, argumenta o comisario, que precisa que, a falta de testemuñas que ofrezan indicios novos, a investigación centrarase no vehículo de Alejandro.

Dado que é imposible comprobar pola electrónica do modelo cando caeu á auga, “tentaremos averiguar se se produciu un corto xeralizado, se houbo mergullo estando acendido“, conclúe.

CASE TRES SEMANAS DESAPARECIDO

Alejandro Meitín San Isidro falta desde a noite do pasado 14 de decembro, cando acudiu a unha cea con compañeiros de traballo. Mide 1,83 metros, é de complexión grosa e leva pendentes nas orellas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...