O accidente dun camión obriga a cortar parcialmente a N-642 en Foz

O vehículo sufriu unha saída de vía e envorcou sobre a marxe da estrada, pero o condutor resultou ileso.

A estrada N-642 á altura da Espiñeira (Foz) | Google Maps

O accidente dun camión, que se saíu da vía no municipio de Foz, obrigou a cortar parcialmente a estrada Nacional 642, á altura da Espiñeira, onde se traballa para retirar o vehículo pesado da marxe da calzada.

A saída de vía produciuse ás 08.32 horas, entre o quilómetro 28,5 e 29 da citada estrada nacional e, malia o aparatoso que foi o sinistro, o condutor resultou ileso. O vehículo saíuse da vía e quedou medio envorcado sobre a marxe da estrada.

Fontes dos servizos de emerxencias precisaron que está cortado ao tráfico un dos carrís da vía, que provocou a formación dalgunhas retencións, dado que se estableceu paso alternativo en ambos os sentidos da circulación.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia mobilizou o 061, os Bombeiros de Barreiros, o GES de CervoGarda Civil de Tráfico, Protección Civil de Foz e ao persoal de mantemento de estradas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here