Imputado un menor en Foz por “tocarlle os peitos” a unha muller de avanzada idade

O suposto abuso sexual produciuse no pasado mes de outubro e as dilixencias quedaron en mans da Fiscalía de menores

Foz. AXM

EFE. Un menor foi imputado como investigado por un suposto delito de abuso sexual na localidade lucense de Foz, segundo informaron a EFE fontes da Garda Civil.

Os mesmos informadores do Instituto Armado explicaron que a imputación dese menor de idade produciuse o pasado luns, aínda que os feitos polos que está a ser investigado remóntanse ao mes de outubro do pasado ano.

O menor, sempre segundo a versión ofrecida pola Benemérita, está a ser investigado por tocarlle os peitos a unha “muller de avanzada idade” na mesma localidade de Foz. As dilixencias quedaron en mans da Fiscalía de Menores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here