InicioSucesosDúas mulleres, evacuadas ao Hospital tras colidir tres coches e un camión...

Dúas mulleres, evacuadas ao Hospital tras colidir tres coches e un camión no corredor de Xove

O sinistro produciuse ás 9.46 horas deste xoves, segundo informaron fontes do 112 Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Alomenos dúas mulleres resultaron feridas e foron trasladadas ao Hospital Público da Mariña despois de que se producise unha colisión entre tres coches e un camión no corredor Costa Norte (CG 2.3) á altura do punto quilométrico 4 da estrada en dirección ViveiroXove, neste último municipio.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso do sinistro ás 9.46 horas. Daquela mobilizou ao 061 – Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Viveiro, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, á Garda Civil de Tráfico e Protección Civil, ademais dos servizos de mantemento da estrada.

Segundo o propio 112 Galicia, ningún dos ocupantes dos catro vehículos requeriu de excarceración. Fontes do Hospital da Costa confirman que o centro hospitalario acolleu a dúas mulleres, que están sendo sometidas arestora a probas para confirmar o alcance das súas lesións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...