Un incendio nun edificio de Ribadeo obrigou a evacuar a once persoas

O lume orixinouse no cuarto dos contadores sobre as 22.15 horas; tres dos residentes non poideron aínda regresar ás súas casas por mor do fume

Praza da Música en Ribadeo. AXM

Once veciños dun inmoble situado na Praza da Música no municipio de Ribadeo foron evacuados na noite deste xoves por mor dun incendio no cuarto de contadores.

Segundo informou o 112, os bombeiros mobilizados indicaron que tres persoas non puideron regresar as súas vivendas a causa do fume que afectou o seu interior.

Foron as chamadas de varios dos moradores as que, ás 22.15 horas deste xoves, alertaron ao persoal do 112 Galicia da presenza de fume no portal do edificio. Ademais, aseguraron que no armario de contadores comezaba a saír faíscas e non tiñan luz nalgunha das vivendas.

Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertaron aos Bombeiros de Barreiros, aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados o persoal da empresa de subministración de electricidade.

Unha vez finalizas as tarefas de extinción, os servizos de emerxencia desprazados no lugar confirmaron ao 112 Galicia que ardeu un cadro de contadores e que tres veciños non puideron regresar as súas vivendas xa que se viron afectadas o fume. As outras oito fixérono finalizadas as medicións pertinentes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here