InicioSucesosFalece un motorista de 66 anos tras unha saída de vía en...

Falece un motorista de 66 anos tras unha saída de vía en Viveiro

O accidente ocorreu sobre as 12.46 horas pasada a ponte de Portochao, na parroquia de Galdo

Publicada o

- Advertisement -

Un home faleceu este mércores despois de que a motocicleta que conducía saíse da vía no municipio de Viveiro. O finado, veciño do concello, tiña 66 anos.

Segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 12.46 horas, concretamente na estrada CP-6602, en Portochao, na parroquia de Galdo, pasada a ponte desta localidade sobre a ría de Viveiro.

Tras recibir a advertencia por parte dun particular, o persoal do 112 Galicia mobilizou daquela á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Bombeiros de Viveiro e Policía Local, que foi a que confirmou a morte desta persoa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...