O choque dun camión obriga a cortar a ponte da variante de Forxán

O accidente saldouse sen feridos, aínda que provocou importantes restriccións do tráfico, dado que a construción ubícase sobre a N-642, que vertebra A Mariña Lucense

Restos do accidente. CEDIDA

Un camión que carrexaba unha autocargadora chocou este venres contra a ponte sobre a estrada N-642 situada na variante de Forxán, en Foz, sen que houbese feridos. O vehículo quedou enganchado ao sobrepasar a carga a altura da construción, no punto quilométrico 34 da vía.

Danos na ponte. AXM

Segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o sinistro aconteceu sobre as 17.10 horas. Foi o propio condutor do vehículo quen deu a voz de alarma. Daquela, o CIAE mobilizou a operarios da Policía Local, Protección Civil e aos Bombeiros de Barreiros.

Retirada do vehículo. CEDIDA

A colisión si causou importantes retencións de tráfico, dado que a vía é a que vertebra a comarca da Mariña Lucense, de xeito que, de acordo coa información de Protección Civil, habilitouse un desvío polo centro da vila para dar fluidez á circulación mentres os operarios poidan retirar os restos do accidente.

Danos na ponte. AXM

Así mesmo, queda calibrar en que medida foi danada a ponte pola colisión, que segundo fontes oficiais afectou ás vigas da infraestrutura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here