InicioSucesosEvacuado ao hospital un traballador forestal que cortou a man cunha motoserra...

Evacuado ao hospital un traballador forestal que cortou a man cunha motoserra no Vicedo

Os feitos aconteceron á tardiña do pasado luns e o ferido é un home de 26 anos

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a un traballador que sufriu un corte profundo cunha motoserra nun monte no municipio do Vicedo (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon á tardiña cando o home realizaba traballos no monte, a un quilómetro da localidade do Vicedo.

Ao lugar acudiu persoal sanitario e axentes de seguridade despois de recibir o 112 Galicia unha chamada de alerta sobre as 19.00 horas do pasado luns.

En concreto, confirmaron fontes sanitarias, ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado, así como un equipo sanitario de Atención Primaria de Viveiro para atender ao home, G. R. A., de 26 anos, que foi evacuado ao Hospital da Mariña.

Unha vez no lugar do accidente, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 puido comprobar que o traballador presentaba un corte profundo nunha man provocado pola motoserra, concretaron por parte do 112.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...