Un ferido grave e dous leves nunha colisión no alto do Fiouco

O choque, entre un camión e unha autocaravana, desatou outros encontróns de menor importancia

Alto do Fiouco. AXM

Un accidente na autovía A-8 no alto do Fiouco entre un camión e unha autocaravana saldouse con dúas persoas feridas leves e unha de gravidade.

O 112 Galicia recibiu o aviso ao mediodía, a través das chamadas de varios condutores que pedían asistencia médica para os posibles feridos. Así, informouse aos servizos sanitarios de urxencias e aos efectivos do Servio de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba, que descartaron intervir en canto comprobaron que os feridos estaban liberados e accesibles.

AUTOVÍA CORTADA

O impacto, que se produciu no punto quilométrico 543 sentido A Coruña, obrigou a cortar a circulación en ambas direccións e habilitar desvíos provisionais, desde o quilómetro 536 ao 552. O tráfico restableceuse ás dúas horas

Ademais, tralo primeiro choque, sucedéronse outros de menor importancia uns metros máis atrás.

O 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Vilalba e persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, para a retirada dos restos provocados polos accidentes e o restablecemento da seguridade na autovía.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here