InicioSucesosInmobilizado un camión na Pontenova por exceso de velocidade e ter os...

Inmobilizado un camión na Pontenova por exceso de velocidade e ter os pneumáticos en lamia

O vehículo pesado circulaba a 86 km/h nunha zona limitada a 50 e tiña nunha das súas rodas "un orificio de grandes dimensións" que supuña "un perigo para a seguridade viaria"

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil inmobilizou no municipio da Pontenova un vehículo articulado que constituía un risco para a seguridade viaria, detectado nun control de velocidade superando a limitación específica da vía. O mal estado dos pneumáticos, expón o Instituto Armado nun comunicado, supuña un perigo.

Os feitos tiveron lugar a pasada fin de semana nunha zona na que a velocidade se atopa limitada a 50 quilómetros por hora (km/h) e pola que o vehículo pesado foi detectado por un equipo de control de velocidade circulando a 86 km/h.

Por tal motivo procedeuse a deter ao vehículo e informar o condutor da infracción cometida, momento no que os axentes se decataron que a maior parte dos pneumáticos, tanto da cabeza tractora, como do semirremolque, presentaban serias deficiencias que constituían un grave risco para a seguridade viaria, entre elas, nunha das rodas, un orificio de grandes dimensións a través do cal se vía o interior da lamia.

Estes feitos motivaron a inmobilización do vehículo, sinala a Garda Civil na nota, ata a corrección das deficiencias observadas, á vez que se formulan os correspondentes boletíns de denuncia polas infraccións observadas, entre as que se inclúen as correspondentes ás inspeccións técnicas desfavorables de ambos os vehículos desde o pasado ano, ao apreciarse disfuncións en elementos que comprometían a seguridade, e onde xa se advertía do mal estado dos pneumáticos.

As denuncias confeccionadas foron remitidas á Xefatura Provincial de Tráfico.

AS RODAS, OS PRIMEIROS ELEMENTOS DE SEGURIDADE

A Garda Civil lembra “a importancia destes elementos de seguridade activa -os que axudan a evitar ou minimizar a posibilidade de accidente-, debéndose revisar o bo estado do seu debuxo, a profundidade das ranuras principais das bandas de rodadura e a presión axeitada de aire. O seu adecuado estado e conservación inflúen na estabilidade, a suspensión, as distancias de freado do vehículo e, como non, na adherencia do mesmo”, remarca.

A VELOCIDADE EXCESIVA, FACTOR PARA ACCIDENTES MORTAIS

Do mesmo xeito, expón o Instituto Armado, “non pode obviarse a necesidade de respectar os límites establecidos ao ser a velocidade, excesiva ou inadecuada, un factor fundamental que determina a maior ou menor incidencia na sinistralidade viaria, así como a gravidade e o grao das lesións das vítimas en caso de accidente de tráfico, constituíndo a causa máis común e transversal na produción de accidentes mortais“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...