Unha empresa granadina estafa 3.000 euros a tres farmacias da Mariña coa oferta de máscaras

Ante a escaseza de material no pico do coronavirus, dous negocios de Viveiro e un de Xove ingresaron o diñeiro a un falso provedor que nunca enviou os elementos de protección

Máscaras. AXM

A Policía Nacional identificou e investigou ao propietario e distribuidores dunha empresa de produtos deportivos situada nunha poboación ao sur de Granada, cuxos responsables contactaron telefónicamente coas dúas farmacias de Viveiro e, outra terceira, de Xove, ofertando máscaras a un prezo vantaxoso para os compradores, dadas as restriccións que, neses momentos, rexistraba a súa oferta por causa do inicio da crise sanitaria do coronavirus.

As tres farmacias ingresaron o prezo das compras, uns 3.000 euros en total, na conta bancaria da empresa granadina, pero nin recibiron as máscaras nin obtiveron resposta dos seus responsables sobre a devolución do diñeiro.

A raíz da denuncia das tres farmacias prexudicadas, recibiuse información pendente de contrastar que apunta á existencia doutras farmacias da provincia de Lugo que resultaron prexudicadas polas ofertas fraudulentas do empresario granadino.

Os feitos comunicáronse á Autoridade Xudicial de Viveiro e aos responsables da demarcación policial da empresa provedora, a efectos de aclarar se se trataba dunha estafa planificada como tal desde un principio ou, pola contra, de se un exceso de pedidos superou a capacidade do denunciado.

A POLICÍA NACIONAL ALERTA CONTRA ESTE TIPO DE CASOS

A Policía Nacional lembra que, “aínda descartando a estafa, lémbrase que a desmedida demanda de produtos sanitarios en situacións de urxencia sanitaria, como a do Covid-19, fan que os provedores de produtos sanitarios asuman imprudentemente pedidos que só poden conseguir fóra das canles regulares de fornezo, sen garantía algunha fronte ao risco de incumprimentos na cantidade, calidade e prazos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here