Deteñen un mindoniense de 34 anos por tráfico de drogas tras facer unha entrega en plena rúa

A Garda Civil capturou ao detido na contorna da Praza do Concello e interviulle 730 euros e 15 envoltorios de plástico con supostamente cocaína

Praza do Concello de Mondoñedo. GOOGLE MAPS

A Garda Civil detivo a un mozo veciño do municipio de Mondoñedo por tráfico de drogas tras facer unha entrega na rúa a outra persoa.

Segundo relatou o Instituto Armado, a pasada fin de semana foi detido na localidade lucense de Mondoñedo un veciño deste termo municipal de 34 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Os feitos tiveron lugar nas inmediacións da Praza do Concello desta localidade, cando o presunto autor supostamente fixo entrega dunha substancia ilícita en plena rúa a outra persoa.

A continuación procedeuse a identificar o individuo, o cal portaba 15 envoltorios de plástico cunha substancia no seu interior, supostamente cocaína, indicaron as mesmas fontes.

Xunto coa substancia aprehendida, os axentes interviñéronlle ao home 730 euros en billetes de diverso valor, supostamente da venda desta mercadoría.

A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here