InicioSucesosDetidos dous barreirenses por tres roubos con forza en comercios da Mariña

Detidos dous barreirenses por tres roubos con forza en comercios da Mariña

Os arrestados, de 41 e 27 anos de idade, foron sorprendidos pola Garda Civil cando cometían un destes furtos

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Garda Civil detivo a dous homes como sospeitosos de perpetrar tres roubos con forza nas cousas en establecementos comerciais da comarca da Mariña, ademais de investigalos por un suposto delito de furto.

Os dous detidos, de 41 e 27 anos de idade, ambos veciños de San Pedro de Benquerencia (Barreiros), foron sorprendidos cando supostamente acababan de perpetrar un deses roubos e, ao decatarse da presenza dos gardas, arroxaron ao chan as dúas mochilas que levaban.

Inmediatamente, os axentes procederon á súa identificación e interviñeron os obxectos que transportaban nas mochilas e dos que pretendían desentenderse ao deixalos tirados na estrada. Ambos detidos foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...